O BNG de Ares mostra a preocupación polo abandono da Casa Reitoral

Estado actual do tellado – BNG

O BNG vén de trasladarlle ao párroco de Ares a súa preocupación polo estado actual da Casa Reitoral, en perigo de derrube debido a que caeu parte do tellado e sobre o que urxe actuar. Na reunión mantida este xoves, a organización aresá informou ao párroco sobre as xestións que realizarán para evitar a perda deste valor patrimonial.

Según comenta o voceiro do BNG no Concello de Ares, Emilio Mesías, “a casa Reitoral está catalogada como Patrimonio Histórico-Artístico e Etnográfico no PXOM de Ares e a súa edificación data do 1696. É unha das tres casas con escaleira de pedra e patín que quedan en Ares, xunto coa do Xulgado de Paz e a actual Casa da Xuventude”.

Mesías apuntou tamén, que sobre a casa Reitoral hai elaborado un proxecto de rehabilitación, como traballo fin de carreira dun veciño de Ares, que sería un bó punto de partida para plantexar a súa recuperación, anque manifesta que “o urxente é velar pola seguridade e polo mantemento da edificación”.

Según a LEI 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, a igrexa debe velar pola protección, conservación, acrecentamento, visualización pola cidadanía e difusión do seu patrimonio, colaborando para este fin coa administración, a través dunha comisión míxta Xunta-Igrexa que establecerán o marco de colaboración e coordinación para desenvolver plans de intervención conxunta.

Por todos estes motivos, o BNG de Ares, vén de trasladar o asunto ás dúas entidades.

Lea también

Decomisados en Mugardos 167 kilos de vieira y los utensilios empleados para extraerlos ilegalmente

La Patrulla de Protección de la Naturaleza (Paprona) de la Guardia Civil en colaboración con …

Un comentario

  1. Es encomiable que se mire por el patrimonio del municipio, pero digo yo, ¿y el arzobispado no tiene nada que decir? por lo que yo entiendo, ese edificio es propiedad de la iglesia y como son ellos los propietarios a ellos les corresponde el arreglo y el mantenimiento del mismo y del solar en que se encuentra la huerta.
    Si el ayuntamiento tiene que asumir el coste de la reparación y su mantenimiento, el edificio y la huerta deberían pasar a manos del ayuntamiento para usos comunales, pero habiendo otras necesidades en las cuales emplear el dinero lo que tiene que hacer el clero es arreglar la casa y pagar el correspondiente IBI, o bien transferirla al ayuntamiento, que le hace mas servicio que a la iglesia.