«A Mestra Tomasa, lendo e viaxando polo mundo» este xoves no Torrente Ballester

Representación da Mestra Tomasa – Concello de Ferrol

A mestra Tomasa, lendo e viaxando polo mundo chegará o xoves 27 a Ferrol, ás 19.00 horas, á capela do C.C. Torrente Ballester, dirixida a un público de 3 a 9 anos e completamente de balde.

É unha iniciativa de promoción e fomento do galego a través dun fermoso espectáculo teatral de animación á lectura, co gallo do pasado Día do Libro, e destinado ao público infantil, no marco do programa «Coa lingua fóra» promovido pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña coa colaboración da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol.

Logo do teatro, a rapazada tamén participará nunha actividade complementaria para fomentar o hábito de ler en galego, e fomentar a imaxinación e a creatividade. Buscase favorecer a socialización en galego dos nenos e nenas e da mocidade, conseguindo actitudes positivas cara á lingua do país e promovendo o pensamento crítico e analítico. Outro obxectivo do programa é tamén transmitir o interese pola lectura, importante non só no proceso de aprendizaxe senón tamén na aposta por un lecer divertido que contribúa a incrementar a imaxinación e a creatividade.

A entrada é gratuíta pero débese recoller previamente no despacho de entradas do Teatro Jofre ou media hora antes no propio Centro Cultural Torrente Ballester. Dúas por persoa, como máximo.

Lea también

Ferrol, acoge el encuentro intergeneracional de corales de personas mayores

La concejala de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, presentó este jueves 21 …