O portavoz de Esquerda Unida no Concello, André Abeledo, mantivo onte unha reunión –trala Xunta de Portavoces– co edil de TEGA Guillermo Sánchez Fojo e cos portavoces de PSOE e BNG, Catalina García e Pablo Villamar, respectivamente, para abordar as propostas presentadas por EU para os orzamentos municipais de 2017. Trala xuntanza Abeledo manifestou que respaldará o documento que se presentará ao pleno do vindeiro xoves, día 27, no que se someterán a aprobación os orzamentos.
Os representantes do goberno local agradeceron a “posición seria e rigorosa de EU, pola súa oposición construtiva”. Pola súa banda, André Abeledo asegurou, seguindo a liña do goberno local, que a prioridade son os veciños e as veciñas de Narón, “por riba de calquera interese persoal ou de partido”. Algúns dos plantexamentos formulados por EU coinciden cos promovidos desde o goberno local e xa recollidos no orzamento, como o incremento das partidas destinadas a dependencia, recursos e iniciativas para o coidado do medio ambiente; actuacións en materia de accesibilidade e saneamento e dinamización de actividades culturais ou relacionadas co emprego, entre outras, como o fomento do cooperativismo.
O tripartito naronés e o portavoz de EU no Concello incidiron en que os orzamentos municipais “deben priorizar medidas encamiñadas a garantir a protección social” e coincidiron na necesidade de aprobalos para que o documento contable entre en vigor. Desde o goberno local subliñouse ademais o feito de que “o espírito do orzamento que mantén o tripartito e o de EU coinciden, co que valoramos o respaldo ofrecido polo edil deste grupo da oposición á proposta que se levará ao pleno do xoves”.
O orzamento do Concello de Narón, presentado o pasado 20 de abril, ascende este ano a 29,9 millóns de euros, unha cantidade que supera nun millón de euros ao de 2016 e coa que desde o goberno local se continúa na liña defendida polo tripartito para ofrecer á veciñanza de Narón servizos de calidade e priorizando a atención ás persoas máis necesitadas”.
Jajaja!! Se pusieron de acuerdo en el aumento de la partida de Dependencia que concede la XUNTA??? jajaja
Lo que llega a hacer uno por… ya explicará que quiere y a qué aspira. Pero eso no es para lo que votó la gente de izquierdas, para mantener a los que bien se tienen merecido el apelativo de «casta» en Narón. Buscará que lo metan a gobernar… que se ganan más eurillos.