ENE pedira a retirada dos orzamentos para reestruturalos na súa totalidade

Dende Eliximos non van a facer emendas aos orzamentos porque sería como admitir a súa validez e non é así, necesitan dunha total reestruturación dende o punto de vista de “para que” se empregan os cartos (clasificación por programas dos gastos) algo que é moi importante para coñecer o destino dos impostos.

O reparto entre os tres entes públicos (Concello, Padroado de Cultura e COSMA) tampouco está ben feito, según ENE, e finalmente tampouco se fai a necesaria consolidación dos tres orzamentos para ter a visión do conxunto das contas públicas.

Por outra parte, existen moitos gastos que non se recollen axeitadamente. Por exemplo, según ENE, «non podemos saber canto nos custa manter a biblioteca se non se recollen axeitadamente gastos coma: subministro de electricidade, o de auga, de sumidoiros, recollida de lixo, telecomunicacións, postais, material de oficina, seguros, limpeza, e mantemento do edificio. Aínda que algúns destes son de pequena contía sumados cos de outros moitos edificios si chegan a ser importantes, e incluídos noutras contas desvirtúan os orzamentos e impiden o seu axeitado uso«.

Finalmente ENE se encontra con que, a pesar de que a lei obriga, non se dedica diñeiro á mellora da accesibilidade, tanto da contorna urbana como dos edificios públicos, algo que se está incumprindo todos os anos ou se reduce a pequenas accións que non acaban de supoñer un cambio. «Non hai mais que ver os anos que levamos sufrindo as dificultades de paso pola beirarrúa da estrada de Castela fronte ao mesmo edificio do Concello«, sentenzan dende ENE.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …