O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá este mércores a proxección do documental «Gernika, el bombardeo»

El Padroado da Cultura de Narón colabora coa Asociación Memoria Histórica Democrática na organización dun novo acto en lembranza das vítimas do bombardeo de Gernika, do que precisamente este mércores, o 26 de abril, se cumprirán 80 anos.

A convocatoria consistirá na proxección de «Gernika, el bombardeo» e nun posterior coloquio programados no Café Teatro do Pazo da Cultura.

A cita será a partir das 19.30 horas e Enrique Barrera, historiador e directivo da Asociación Memoria Histórica Democrática, será o encargado da presentación.

O Concello de Narón colaborou recentemente coa citada asociación na organización doutros eventos para recordar e homenaxear ás vítimas do bombardeo de Gernika. O pasado mes de marzo plantouse fronte ao Pazo da Cultura un retoño da árbore de Gernika, símbolo da liberdade e da paz. O alcalde, José Manuel Blanco, presidiu o citado acto, que contou coa colaboración das Juntas Generales de Bizkaia, acudindo en representación das mesmas a súa presidenta, Ana Otadui.

Lea también

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza un obradoiro de toque de pandeireta

A Xornada terá lugar este domingo 13 no Centro Cívico Social de Sedes e será …