Os homes do Triatlón Ferrol, a pola permanencia na Liga de Segunda División

Juanchi Orozco durante la competición – Triatlón Ferrol

O equipo masculino do Triatlón Ferrol xógase este domingo a permanencia na Liga Nacional de Dúatlon de Segunda División.

Despois do bo papel feito nas primeiras xornadas, o club ferrolán atópase 20 puntos por riba do descenso que marca o quinto pola cola pero na cita definitiva de Avilés estarán en xogo un máximo de 100 puntos para o equipo con mellores duatletas.

Sendo sétimos, só as baixas de última hora poñen en risco manter a categoría. “Juan Rejas está descartado por lesión e Marcos Ruiz é dúbida polo de agora”, lamenta o adestrador do Triatlón Ferrol, Jaime Ruiz.

Desta forma, a actual convocatoria fórmana o propio Marcos Ruiz, Iván Puentes, Pablo Pedrosa, David García, Juanchi González, Marcos Caneiro e David Arias.

No campionato de España de dúatlon por clubs, cada deportista completará a nivel individual un dúatlon de distancia sprint e sumará o seu posto para a clasificación final do equipo.

Lea también

Tres puntos muy luchados para el Valdetires Ferrol en Cáceres

Hasta casi el último segundo tuvo que sufrir el Valdetires Ferrol para conseguir la victoria …