Este domingo pódese visitar a Feira Multisectorial Agrícola, no recinto de O Trece, en Sedes, Narón

As últimas novidades en maquinaria agrícola permanecen expostas no recinto feiral do Trece (no interior das naves e tamén na zona exterior), en Sedes, donde este sábado e este domingo se celebra a oitava edición da “Feira Multisectorial Agrícola”. As persoas que desexen coñecer os últimos equipos en maquinaria poderán desprazarse ata o recinto durante o domingo todo o día, de 11.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00. Un total de trinta e tres expositores, non só de maquinaria, senón moi diversos, déronse cita nesta convocatoria, un dos eventos organizados cada ano pola Concellería de Feiras, presidida pola edil Mar Gómez.

Os visitantes teñen ademais a posibilidade de ver e mercar diferentes variedades de produtos da horta, plantas, árbores froiteiras e aves de curral, entre outros. No recinto atópanse desde pezas de madeira e mimbre –cestos, sillóns, caixas decorativas, maceteiros, etc.- ata marmeladas caseiras, aceite de oliva, produtos de alimentación, bisutería artesanal e xabróns tamén artesáns. 

No recinto tamén hai un apartado específico para os menores, con inchables e con obradoiros ecolóxicos, nos que teñen a oportunidade de plantar algunhas pequenas especies para logo levalas ás súas casas.
Así mesmo, instaláronse no recinto do Trece postos de venda de polbo e churrasco, co que os visitantes poderán comer nas instalacións no caso de que así o desexen. Ao mediodía un grupo musical encárgase de amenizar a xornada.

A concelleira de Feiras animou á veciñanza a visitar esta feira durante esta tarde ou mesmo na xornada de mañá. “É unha boa oportunidade para informarse sobre as últimas novidades en canto á maquinaria agrícola pero tamén para pasar unha boa xornada vendo os postos do interior das naves, nos que se vende unha gran variedade de produtos”, indicou.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …