Este sábado e domingo celebración da Feira Multisectorial Agrícola no recinto do Trece, en Sedes, Narón

O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá nas xornadas do vindeiro sábado e domingo, días 8 e 9, a oitava edición da Feira Multisectorial Agrícola. Así o anunciou a concelleira de Feiras de Narón, Mar Gómez, que avanzou que participarán nesta convocatoria un total de trinta e tres expositores.

Entre as 11.00 e as 14.00 horas e tamén pola tarde, de 16.00 a 20.00, permanecerán abertos os postos. “Un ano máis, as persoas que se acheguen a Sedes esta fin de semana poderán ver unha gran variedade de produtos relacionados coa agricultura, donde se presentarán as últimas novidades do sector”, apuntou a edil.

Os asistentes terán a oportunidade de adquirir especies de plantas de viveiros da zona, aves de corral, maquinaria agrícola –con demostracións de funcionamento incluídas-, produtos da horta, xabróns artesáns e marmeladas caseiras, entre os diversos postos, tal e como avanzou a concelleira naronesa.

Coas súas compras a clientela recibirá unhas rifas coas que participará no sorteo de varios agasallos.
Así mesmo, ao longo da mañá e da tarde realizaranse obradoiros ecolóxicos dirixidos aos nenos e nenas.

Coa axuda dun monitor os menores terán a oportunidade de ampliar os seus coñecementos sobre o mundo agrícola e de realizar actividades propias do sector. “Consideramos tamén moi importante concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia do coidado e respecto ao medio ambiente, e por iso convocamos estes obradoiros nos que terán a oportunidade, por exemplo, de aprender a plantar algunhas especies que poderán levar para as súas casas para coidalas e ver as diferentes etapas do seu crecemento”, explicou Mar Gómez.

Ao mediodía, os dous días haberá unha sesión vermú amenizada por un grupo musical e as persoas que desexen comer na zona poderán facelo nalgún dos postos de venda de polbo e churrasco que se instalarán para a ocasión no recinto feiral do Trece.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …