(Cedeira, corresponsalía)-Podemos Cedeira enviou un comunicado aos medios no que sinala que «O pasado mércores 29/03/17 celebrouse un pleno ordinario ao que Podemos Cedeira presentara unha moción sobre unha sentenza do Tribunal Supremo, de xaneiro do 2017, na que se avala que os concellos graven ás empresas eléctricas e de gas polo uso de dominio público.
Dita moción non chegou a ser debatida xa que os grupos que forman o goberno municipal, non o consideraron oportuno amparándose nunha ordenanza aprobada polo PP en 2013, negándose a actualizar e revisar a mesma, ao contrario do que están a facer moitos concellos.
A verdadeira razón desta negativa ( e que foi confesada por algún concelleiro do grupo de goberno) é que a presentou Podemos, que si a presentara calquera outro grupo, sería aceptada.
Desde Podemos Cedeira queremos expresar a nosa fonda preocupación por este tipo de actitudes onde se antepón o personalismo político (igual xa están vendo a porta de saída) ao benestar da xente da vila, xa que propoñíamos que a recadación, revertera na baixada de impostos».