Todos os grupos da corporación de Narón, excepto o PP, respaldaron no pleno reclamar a Fomento melloras no servizo ferroviario (Renfe-Feve)

Fot. Concello


Na tarde deste xoves celebrou sesión ordinaria o pleno da corporacion municipal de Narón e
segundo informa o gabinete de prensa do concello «O grupo de goberno –TEGA, PSOE e BNG- e os edís do Grupo Mixto (EU e ENE) respaldaron no pleno , presidido pola alcaldesa accidental, Marián Ferreiro, unha moción presentada polo BNG para solicitar ao Ministerio de Fomento os investimentos precisos para garantir un servizo ferroviario de ancho métrico (Renfe-FEVE) en Galicia. No documento denúnciase o desmantelamento do ferrocarril de vía estreita na Comunidade galega e ínstase a Fomento a acometer melloras no material, en estacións, apeadoiros e vías, entre outros. Así mesmo, reclámase á Xunta que solicite ao Estado a transferencia do citado servizo ferroviario para poder promocionalo e integralo na rede galega de transporte ferroviario de proximidade. Os cinco edís do PP votaron en contra desta moción».

Programa de reinxerción

Na sesión aprobáronse por unanimidade o Programa de xestión de reinserción de reclusos drogodependentes e o Servizo de intervención socioterapeuta con menores abordados pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. Os municipios integrantes do citado ente aportarán, en conxunto, unha partida de 15.000 euros, dos que o Concello de Narón, tal e como se estableceu no cadro de reparto, deberá aportar unha achega de 3.807,21 euros para colaborar no financiamento dos citados programas.

Tamén por unanimidade sairon adiante a proposta de adhesión do Concello á Central de Contratación do Estado, un organismo creado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, e unha modificación dos integrantes do Consello Territorial de Igualdade. Pasarán a formar parte deste organismo: Soledad Lucero, en representación da Asociación Movilidad Humana; Juan Muíña, da AVV da Gándara, e María Luisa Filgueiras, da Asociación Ceibe San Xiao. Así mesmo, María Aneiros será a representante da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade no Consello Sectorial de Igualdade.

Axuda no Fogar e Cosma

A contratación do Servizo de Axuda no Fogar foi outro dos temas abordados no pleno , e contou con todos os votos a favor excepto o do edil de ENE que se abstivo. Tralo procedemento oportuno de valoración das propostas presentadas, a firma Clece SA obtivo unha maior puntuación que o resto, polo que a compañía disporá agora de dez días –contados desde o día seguinte ao que reciba o pertinente requerimento- para presentar a documentación precisa para formalizar o contrato.

En canto á empresa mixta de medio ambiente Cosma SA, ratificouse na sesión o acordo adoptado na última Xunta Xeral de Accionistas da citada empresa para renovar unha operación de crédito cunha entidade bancaria por importe de 900.000 euros.

Mocións

No apartado de mocións, rexeitouse a presentada polo PP pedindo un cambio de criterios no reparto das subvencións. O edil de TEGA Guillermo Sánchez Fojo recordoulles aos populares que as subvencións están debidamente reguladas e incidiu en que os convenios con estas entidades son públicos. “Todos os clubes de Narón saben de antemán o que van recibir e desde o Padroado de Deportes e da Comisión pertinente en ningún momento nos negamos a estudar as propostas que se plantexen”, asegurou Sánchez Fojo, que instou ao portavoz popular a consultar, no referente á publicidade, o BOP do 24 de decembro de 2015. Tampouco se aprobou unha moción dos populares sobre os prazos de pago a proveedores.

Os socialistas naroneses tamén levaron unha moción a este pleno, para solicitar a derogación do Real Decreto 16/2012 de medidas urxentes, para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións. Todos os edís da corporación excepto os cinco do PP votaron a favor do documento.

O Grupo Mixto presentou unha a través de EU para ampliar a moción que no seu día declarou a Narón municipio contrario ao Tratado Trasantlántico de Comercio e Inversión (TTIP) e solicitando a oposición ao CETA, ao considerar tamén a este último como beneficioso dos poderes económicos e non da clase traballadora e demáis clases populares. A moción aprobouse cos únicos votos en contra do PP.

Pola súa parte, o portavoz de ENE presentou unha moción para instar á devolución dos importes mal facturados, según considera, na taxa pola recollida de residuos sólidos urbáns no ano 2015, unha proposta que rexeitou o grupo de goberno e na que se abstivo o concelleiro de EU.
O BNG presentou outra moción que se aprobou –sen o respaldo de ENE nin do PP- para sumarse desde o Concello á Comisión Organizadora do Centenario da Revolta de Sedes de 1918 (ou das Pedradas), para designar a un representante na mesma e colaborar na medida do posible na organización e difusión dos actos conmemorativos deste feito, do que se cumprirán cen anos o 13 de marzo do vindeiro ano.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

Un comentario

  1. MEN-TI-RA El titular es mentira. Estuve en el pleno e insistieron mucho de que no iban a votar en contra a pesar de las barbaridades de la exposición del BNG. ¿Quién escribe esas cosas?