O senador Ángel Mato e o parlamentario José Manuel Pérez Seco reúnense co Alcalde de Valdoviño para tratar temas de interese do concello

O senador pola provincia da Coruña, Ángel Mato, e o parlamentario José Manuel Pérez, reuníronse co goberno municipal de Valdoviño para tratar diferentes temas de interese para o concello relativas ó Goberno central e a Xunta de Galicia. Na xuntanza, na que estivo presente o alcalde, Alberto González, tratáronse eidos diversos como Medio Ambiente, Defensa ou Transportes.

Nesta reunión tratouse a situación actual de distintos espazos pertencentes ao Ministerio de Defensa, pero que actualmente están desafectados, como o observatorio de Campelo e a estación na Carreira. Estes espazos, segundo explicou Alberto González, poderían ter interese como espazos dotacionais para o Concello de Valdoviño. O senador asegurou que exporía esta situación ao Secretario de Estado de Defensa.

En relación co Ministerio de Medio Ambiente, Alberto González trasladoulle ó senador a necesidade de poder dotar aos areais da praia de Valdoviño de infraestruturas mínimas que axuden a preservar o litoral, pero tamén que de forma temporal se podan instalar servizos de hostaleira básicos para que no verán se poda promover a atracción turística. “Estas actuacións”, remarcou Ángel Mato, “estarán sempre supeditadas á preservación do litoral, xa que é un dos principais patrimonios do concello”. Ademais, o alcalde remarcou a importancia de buscar vías de financiación a través deste ministerio para poder dotar de subministro de auga potable a catro parroquias de Valdoviño.

Na mesma reunión tratouse a necesidade de mellorar o Plan de Transporte, algo “imprescindible para garantir servizos públicos de calidade” á poboación. José Manuel Pérez, parlamentario socialista, comprometeuse a presentar unha iniciativa neste sentido.

Lea también

Abierto el plazo en Neda para pedir cita previa para pasar la ITV agrícolas

El Ayuntamiento de Neda informa que la unidad móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas …