Últimas prazas para anotarse no Obradoiro de Corresponsabilidade para homes convocado polo Concello de Narón

A edil de Promoción Social, Teresa Sabio, recordou que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles para o Obradoiro de Corresponsabilidade para homes que se desenvolverá no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña. Trátase dun programa específico, convocado a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, dirixido ás persoas mariores de Narón –preferiblemente homes, neste caso– para facilitar a súa socialización activa, previr a dependencia e fomentar a súa autonomía persoal.

No obradoiro o alumnado abordará temas como nocións básicas de tecidos, coñecementos básicos para o lavado, secado, tendido e pasar o ferro, cociña, limpeza e desinfección de superficies, arranxos básicos de prendas e coidado de menores e persoas maiores, entre outros.

As persoas interesadas en anotarse deben facelo cubrindo o formulario de solicitude dispoñible no Rexistro Xeral do Concello, de 8.30 a 13.30 horas. As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición, se ben é preciso formar un grupo mínimo de dez persoas para convocar este obradoiro, tal e como apuntou Sabio. As sesións impartiríanse os luns, martes e xoves de 19.00 a 21.00 horas.

Lea también

Nueve escuelas de danza de Ferrolterra se reúnen en Odeón para la VI Gala del Día Internacional de la Danza

El Centro Comercial Odeón de Narón acoge este sábado a partir de as 18:30 horas …