A Concellería de Servizos de Narón, da que depende a área de Parques e Xardíns, está a realizar numerosas intervencións para mellorar e incrementar as zonas de xogo infantís e biosaudables no termo municipal.
Así o destacou o edil da área, Ibán Santalla, que recordou que desde hai unhas semanas está rematada a actuación proxectada na Praza da Lectura, en Santa Icía e avanzou que se contemplan novas obras similares en diferentes puntos do termo municipal nos vindeiros meses.
Santalla visitou hai uns días xunto coa primeira tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, o parque da Praza da Lectura para ver o estado final das tarefas realizadas. O investimento total das catro últimas actuacións –rematadas e previstas- en parques municipais ronda os 131.000 euros. “A aposta do goberno local de Narón por mellorar e incrementar o número de zonas de xogo para os nenos e nenas é firme, e así o constatan os múltiples proxectos xa desenvolvidos nesta área e os programados para os vindeiros meses”, subliñou Santalla.
Na Praza da Lectura realizouse unha obra orzamentada en 30.000 euros –dos que a Deputación da Coruña aportou 13.600 e a administración local a contía restante-. Con cargo a esa partida ampliáronse os elementos de xogo destinados aos nenos e nenas, restaurando os xogos infantís existentes –dous columpios e tres muelles- e instalando outros a maiores –unha rede piramidal de trepa, un conxunto modular de dúas torres, un columpio cesta e un tamén carrusel-.
Nesa mesma área, dunha superficie total de 5.600 metros cadrados, tal e como explicou Santalla, procedeuse á plantación de cinco árbores e á colocación de dúas mesas picnic de madeira cunha rampa para facilitar o acceso, se ben se está estudando a posibilidade de instalar unha canasta. A maiores deses 30.000 euros, o Concello habilitou unha partida de 9.000 euros para colocar pavimento de seguridade de caucho continuo no chan na zona na que se localizan os xogos infantís –uns 310 metros cadrados-, co fin de evitar danos ante posibles caídas. Os traballos incluíron ademais, como melloras, a plantación de varios exemplares de loureiro arredor da zona da praza, delimitándoa para darlle máis protección ás nenas e nenos que xogan no recinto.
Con cargo ás achegas procedentes do POS+ da Deputación da Coruña a Concellería de Servizos ten programadas outras tres actuacións para levar a cabo nos vindeiros meses. Unha delas é, tal e como apuntou o concelleiro naronés, a construción dun parque con zonas de xogo e elementos biosaudables xunto ao tanque de tormentas do Río Inxerto, na zona da Gándara. Esta actuación está valorada en 22.387 euros.
Así mesmo, está previsto, indicou, ampliar o parque do Río Freixeiro, coa instalación de novos elementos de xogo infantís. Neste caso destinarase aos traballos unha partida de 18.332 euros.
Por último, apuntou Santalla, está proxectada a construción dun novo parque, neste caso na parroquia de Piñeiros, nas inmediacións da igrexa parroquial. O investimento, neste caso, ascenderá a 50.999 euros.
El ayuntamiento no destina nada, eso es lo de la Diputación. Hasta cuando se van a reír de nosotros?
Se reirán de nosotros hasta que dejemos de votarles y se tengan que ir a su casa, cosa que espero suceda en breve. Espero y deseo que en los barrios más antiguos, a los que han dejado a su suerte, no tengan ni un solo voto en las próximas municipales.