Abeledo solicita un informe para coñecer cantos pisos ten o SAREB en Narón

André Abeledo – EU Narón

André Abeledo (EU Narón) solicitará ao Concello de Narón un informe para coñecer cantos pisos ten en propiedade o SAREB (Sociedad de Gestión de Activos procedentes de la Reestructuración Bancaria), na cidade para a súa venta.

A intención de EU Narón é de ter datos actualizados sobre Narón nesta situación, así mesmo interesa saber cantos destes pisos foron vendidos a «fondos voitre«, e que hoxe encóntranse desocupados e mesmo deteriorándose por este motivo.

Abeledo defende que hai que esixir medidas que permitan que estes pisos póñanse en alugueiro social ou a venta en condicións razoables para as familias traballadoras.

Así mesmo Abeledo insiste na importancia da necesidade de facer un «Estudo das necesidade de vivenda en Narón«, que permitiría coñecer este dato como outros moitos que son importantes para construír un proxecto na cidade que permita a todas e todos as naronesas e naroneses vivir nunha vivenda digna a un prezo razoable.

Lea también

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza un obradoiro de toque de pandeireta

A Xornada terá lugar este domingo 13 no Centro Cívico Social de Sedes e será …