O BNG de Ferrol pide unha acción decidida na defensa do ferrocarril

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera inasumíbel a situación dos servizos ferroviarios na cidade e advirte que a mellora do ferrocarril precisa unha acción decidida máis alá de declaracións de intencións polo que esixe ao goberno local que se preocupe por manter viva unha via de comunicación como é o transporte ferroviario en vez de querer convertila nunha reliquia para expor nun museo do ferrocarril en Porta Nova.

Que a Xunta despois de ter que subvencionar o mantemento do servizo durante décadas e ainda agora despois dunha redución drástica nos orzamentos destinados ao mantemento da infraestructura sexa incapaz de demandar do Estado as transferencias en materia de ferrocarril interior, xunto cun financiamento axeitado, co obxectivo de crear unha compañía pública ferroviaria galega que mellore a prestación deste servizo no noso país demostra a súa complicidade coas políticas de desmantelamento do ferrocarril na nosa cidade.

O BNG cre que o esperpento vivido esta semana na liña de FEVE na que non puideron circular por estar estropeadas as locomotoras, únese a outro tipo de situación que se veñen repetindo nos últimos meses e anos como usuarios e usuarias que se atopan sen servizo, por que non funcionan as maquinas, por que non se teñen medios para reparalas, usuarios que cando o seu ferrocarril chega con retraso à estación non poden sair da mesma por que se atopa pechada, convoios que circulan sen revisor, ou se dispoñen limitacións de velocidade nos traxectos pola falla de mantemento das vías, sitiacións que forman parte do día a día dos servizos ferroviarios na nosa cidade e que demostran a desídia na xestión deste servizo.

O BNG considera imprescindíbel que se acometan as melloras necesarias para rematar con estas situacións que impiden que os ferrocarrís poidan circular así como cos continuos atrasos que se veñen producindo nos servizos de Feve en Galicia, con grave prexuízo para as viaxeiras, que se acometan traballos urxentes de conservación e mellora da infraestrutura, en especial a consolidación de trincheiras, limpeza de vexetación e renovación de travesas, vías e balastro e se proceda a revisión e mantemento adecuados do material rodante dispoñíbel, así como a oportuna renovación.

O BNG considera demagóxico o comportamento do PP por insistir en desenvolver uns estudos tras outros sen adoptar ningunha resolución concreta.

O BNG considera que insistir neste comportamento non ten máis obxecto que ocultar a súa complicidade co proceso de desmantelemanto que leva sufrido esta infraestructura nas últimas décadas avalado polos gobernos do Estado de todo tipo e color.

Lea también

Reapertura de la biblioteca municipal de Ferrol

Este lunes 29 la biblioteca municipal de Ferrol ubicada en la plaza de España retomó …

Un comentario

  1. Viva la demagogia! Como UN DÍA por un problema de coordinación entre Renfe y Adif, llegó un tren de Feve con retraso y hubo que esperar 5 minutos a que el vigilante abriese la puerta de la estación, ya dice el Bloque que se deja encerrados a los viajeros. Desde luego que cuando uno se queda sin argumentos, empieza a decir parvadas. Como hablar de mantenimiento de trincheras cuando se hicieron labores el año pasado y no hay problema en ninguna, absolutamente en ninguna, de aquí a Viveiro.