Traballadores e extraballadores de Vilamiño denuncian que a empresa segue sen pagarlles

O pasado mes de decembro de 2016 André Abeledo (EU Narón) reuníase con dous extraballadores da empresa Vilamiño, dous dos tres traballadores despedidos ata aquel momento, pois agora xa son catro, dita empresa empresa é a encargada da reforma do local social de Pedroso.

Agora os traballadores vólvense a poñer en contacto con Abeledo para denunciar que a empresa presentou «concurso de acredores» e agora todos os traballadores, os despedidos e os que están traballando seguen sen cobrar. Os traballadores entenden que dende o Concello e o equipo de goberno non fixo nada por eles e están a espera dunha solución que non chega nunca.

Recordamos que nun principio a empresa contratou a cinco traballadores de Narón. Aos traballadores comunicóuselles dende o Concello que entre as condicións para acceder a este traballo estaba a de estar apuntados no paro e non estar cobrandoó nese momento, ademáis aos traballadores dende o Concello falóuselles dun contrato de como mínimo oito meses, pero aos cinco meses dos cinco traballadores tres xa estaban despedidos, e fai pouco despediron ao cuarto.

Dende EU Narón entenden que as empresas deben cumprir cós requisitos, e cos pregos de condicións para traballar en obra pública en todo momento, e non só no momento da concesión e contratación da mesma e entenden que calquera empresa subcontratada polo Concello debe como mínimo respetar os dereitos das traballadoras e traballadores. Un deses dereitos fundamentais é sen dubida cobrar en tempo e forma, o contrario chamase escravitude, non pode tolerarse que unha empresa que non paga aos seus traballadores e que pretende que sexa o FOGASA quen có diñeiro de todas e todos sexa quen se faga cargo do pago das súas débedas cós traballadores contrate obra pública, cando ademais estes traballadores que están nunha situación moi complicada precisan cobrar agora e non poden agardar dous anos a que o FOGASA se faga cargo dos seus salarios.

Fora das responsabilidades legais ou penais están as responsabilidades éticas, morais e políticas que ao entender de EU Narón son as que corresponden o Concello de Narón, entenden que unha empresa que non respecta os dereitos das traballadoras e traballadores, unha empresa que a pesar de estar cobrando do Concello por facer unha obra pública, non paga os salarios nin as débedas contraias cós seus traballadores, non pode seguir traballado nin contratando obras con ningunha administración pública.

Dende EU Narón agardan que dende o Concello tomen as rendas de xestionar coa empresa que os traballadores e extraballadores contratados para a reforma do local social de Pedroso cobren os cartos que a empresa estalles debendo.

Como indicou André Abeledo «As administracións públicas deben esixir as empresas supcontratadas que cumpran cos requisitos en todo momento, non chega con que presenten a oferta máis barata, teñen que estar en condicións de facer a obra pero tamén de pagar en tempo e forma as traballadoras e traballadores, e de respetar os seus dereitos«.

Lea también

Iago Fuertes Leonardo, Mellor Deportista de Narón ´24 na XXXV Gala do Deporte

O Pazo da Cultura foi novamente na noite do venres 22 o escenario no que …