«Os tres de sempre» representada pola SCRD Agarimo de Sillobre en beneficio de SuperAdri

(Sillobre-arch.)

A Escola de Teatro da SCRD Agarimo de Sillobre representa este sábado «Os tres de sempre«, a partir das 20:30 horas, con entrada libre, pero ademáis sendo un acto solidario porque colaborarán con «Una Cura para Adri«, colocando unha hucha para recadar fondos para SuperAdri.

«Os tres de sempre» trata sobre un centro de saúde que se irá facendo coñecido a medida que transcurra a obra, onde se dan cita tres xubilados para amolarlle o día ó médico e á enfermeira. Uns nenos que se equivocan de consulta e amólanlle a espera ós xubilados, todo elo sen outra pretensión que facer rir.

O reparto de «Os tres de sempre» contará con Beatriz Gabeiras, Bruno Aneiros, Adrián Chao, Alejandro Cabarcos, Antía Iglesias, Ruth Feal, Alicia Romero e Xoan Ramos, nunha obra con guión e dirección de María del Carmen Martínez.

Lea también

Presentación de la novela «Confesión» de Eduardo Martínez Rico, en Ferrol

  Recientemente tuvo lugar en el Casino Ferrolano la presentación de la novela «Confesión», de …