O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu esta mañá no seu despacho ao comisario xefe do Corpo Nacional de Policía de Ferrol-Narón, Ángel Jesús Casanova, que acudiu para despedirse con motivo da súa xubilación. Na convocatoria estiveron tamén presentes a portavoz de Terra Galega no Concello de Narón e primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita.
Ángel Jesús Casanova tomou posesión do cargo en setembro do ano 2011. Na reunión mantida esta mañá, os asistentes conversaron sobre diferentes asuntos, moitos deles relacionados coa etapa na que o comisario xefe da Policía Nacional de Ferrol-Narón exerceu no citado destino. O alcalde naronés valorou o traballo realizado por Casanova, que a partir de agora gozará dunha nova etapa con motivo da súa inminente xubilación.