Esquerda Unida Ferrol chama a mobilización este venres

Este venres, 10 de marzo, Esquerda Unida estará mobilizándose e homenaxeando unha data fundamental para a clase traballadora. Unha data, día da clase obreira galega, que dignifica coma suxeitos de clase e que ensina coma nas condicións máis difíciles, nos últimos coletazos da ditadura franquista, os traballadores do asteleiro ferrolán pelexaron e reinvidicaron unha decencia nas súas condicións laborais, levando estas reivindicacións ata as últimas consecuencias.

A mobilización do 9 de marzo do 72, dentro do asteleiro, con toda a factoría concentrada fronte a dirección na que se reclamaba o reingreso das cabezas sindicais despedidas nos anteriores días de mobilizacións e a manifestación que tivo lugar en Ferrol o día 10, onde miles de persoas foron atacadas pola policía co resultado do asasinato de 2 obreiros coma Amador e Daniel e con decenas de feridos, son exemplo de dignidade, de loita nuns momentos coma os actuais que levan a ver unha clara regresión dos dereitos máis elementais da clase traballadora, así coma unha regresión dos valores democráticos e das liberdades.

Según Esquerda Unida de Ferrol, a clase obreira necesita da mobilización para poder lograr o obxectivo dunha sociedade máis xusta e igualitaria, nun momento no que os movementos ideolóxicos máis conservadores están en auxe. A clase obreira debe estar unida na consecución dun presente e futuro máis xusto, pois sen unión a loita será en vano.

Esta semana apedrearon os cristais da sede de Esquerda Unida de Ferrrol, «mais non danan os nosos ideais e as nosas reivindicacións«.

Esquerda Unida Ferrol pide á cidadanía a participación na sentido homenaxe a esta data coma referente, coma loita de onte, hoxe e mañá na consecución dunha sociedade igualitaria.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …

Un comentario

  1. Claro que sí… teníamos que manifestarnos todos… pero contra este GOBIERNO INEPTO que tenemos en Ferrol que no es capaz ni de tapar un bache. No se puede hacer peor… o sí, en los próximos meses lo comprobaremos.