O Concello da Capela ven de poñer en liña o novo portal web institucional, co obxectivo de ofrecer un espazo máis actual, intuitivo e útil, e adaptado a calquera formato de pantalla mesmo de dispositivos móbiles.
O novo portal web www.concellodacapela.es facilita a interacción coa cidadanía grazas á nova reorganización de contidos, facendo máis visibles aqueles que rexistran as maiores consultas. Do mesmo xeito, permite incorporar contidos destacados como eventos ou actividades.
O portal da transparencia, a sede electrónica e mesmo a solicitude de cita previa no centro de saúde, son algúns dos contidos accesibles nun so clic.
Cunha metodoloxía centrada no usuario, dende o punto de vista do deseño, o novo portal web ofrece una distribución máis limpa e ordenada, con animacións que facilitan a interactividade e mesmo inclúe o vídeo promocional de turismo da Capela.
Conta ademais coa validación de Google como “Mobile Friendly” que o acredita como sitio web accesible para móbiles e tablets.
Dende o punto de vista técnico, emprégase a máis recente versión de marcado html, o HTML5, xunto con CSS3 na xestión de estilos. En canto a animación e interacción visual, inclúe as máis recentes tendencias en deseño web como son os efectos Parallax e as presentacións gráficas Ken Burns.
Nova identidade corporativa
O novo portal web recolle xa a nova identidade visual corporativa do Concello da Capela.
O elemento principal é o novo isotipo, creado a partir da conversión en código de barras da frase “Mosteiro de Caaveiro, Concello da Capela” sobre o cal se recorta a silueta e detalles arquitectónicos do principal recurso patrimonial e turístico do Concello, o Mosteiro de San Xoan de Caaveiro, e retazos das Fragas do Eume ao fondo. Baixo esta figura, unha traza serpenteante de cor azul en representación dos ríos Eume e Belelle, e os seus afluentes. Completa, entre estes elementos, o logotipo “A Capela”, nunha tipografía celta en cor verde en representación da natureza da fraga e os prados, e da dedicación tradicional dos veciños ás tarefas do campo.
A nova identidade visual corporativa queda recollida nun manual no que se inclúen as diferentes variantes, planimetrías, e elementos de aplicación, dende papelería e material de oficina ata mobiliario urbano, pasando por vehículos.