O BNG promove a creación dunha comisión organizadora para o centenario da Revolta de Sedes de 1918

(Fot. J. P. )

O Bloque Nacionalista Galego de Narón vén de impulsar a creación dunha comisión organizadora dos actos do centenario da Revolta de Sedes de 1918 –coñecida tamén como Revolta das Pedradas– que terá como punto de partida unha xuntanza o vindeiro domingo, 12 de marzo, ás 11.30 horas, no local social da parroquia.

O BNG de Narón, que hai unhas semanas organizou unha charla sobre uns acontecementos que remataron co asasinato de sete persoas en Narón e outras dúas en Ferrol, considera que, como parte da nosa memoria histórica, cómpre recuperar este tráxico capítulo e homenaxear as vítimas como merecen. Mais ese labor ten que ser, creen, unha tarefa colectiva de toda a sociedade. Por este motivo deciden crear esta comisión, aberta a colectivos e particulares, para a preparación dos actos conmemorativos do centenario, en marzo do vindeiro ano, e para a difusión do seu estudo e coñecemento.

Ao remate da reunión realizáse unha ofrenda floral na zona da Feira do Trece ás 13:00 horas na memoria das Mártires de Sedes.

Lea también

O BNG de Narón demanda solucionar os problemas de estrutura da praza de galiza

O BNG demanda arranxar a praza de Galicia polos graves problemas estruturais causantes das humidades …