EU Narón anima as familias naronesas a acoller a un neno saharauí este verán

André Abeleado – EU Narón

A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí fai un chamamento de urxencia. Precísanse familias de acollida para os nenos e as nenas que pasan o verán en Galicia, no marco do programa Vacacións en paz. Actualmente hai uns cen nenos á espera de confirmar a súa viaxe a Galicia. Unha viaxe que lles permite abandonar temporalmente os campamentos de refuxiados e someterse a exames médicos inalcanzables en Tindouf.

André Abeledo anima as veciñas e veciños de Narón «a vivir esta experiencia inesquecible de acollida dun neno saharauí, é ademais un acto de solidariedade internacionalista para con un pobo que sufre un exilio forzoso no deserto alxerino, un pobo que loita polo seu dereito a vivir en liberdade, un pobo torturado e esquecido con quen o estado español ten unha débeda histórica«.

Abeledo denuncia que «Marrocos non esta a acatar as resolucións internacionais que recoñecen ao Sáhara o seu dereito a autodeterminación, e o fai con total impunidade e sin que esta desobediencia teña ningún tipo de consecuencia práctica«.

Lea también

Inaugurada en San Xiao de Narón una imagen del Patrón tallada sobre un tronco por Carlos García

En la mañana de este domingo, día 28, el obispo de Mondoñedo-Ferrol Fernando García Cadiñanos, continuó …