André Abeledo (EU Narón) urxe a que se adopten as medidas necesarias para poñer en marcha canto antes os acordos adoptados no Pleno do 25 de Febreiro de 2016 tras ser aprobada a Moción de EU Narón «Sobre fomento do cooperativismo como motor da xeración de emprego no noso municipio«.
Abeledo indica que despois dun ano dende a aprobación da Moción presentada por EU é tempo de sentarse e poñerse a traballar para levar a practica os acordos adoptados no Pleno.
André Abeledo defende a importancia de poñer a funcionar unha proposta que pretende configurar un proxecto de viveiro de cooperativas para pór á súa disposición instalacións básicas; promover cursos de formación e asesoramento para emprendedores, entre varios puntos.
Abeledo indica que dende EU Narón ven defendendo este modelo cooperativista que en tempos de crises demostrou a súa capacidade para xerar emprego, ademáis un emprego normalmente de carácter indefinido con salarios dignos onde a muller ten un espazo importante na súa xestión.