O Club ciclista Camaleones Narón Bike inicia a súa actividade

Instante da presentación – Concello de Narón

O concelleiro de Deportes de Narón, Román Romero presentou esta maña un novo club ciclista de Narón: Camaleones Narón Bike. O presidente da entidade, Antonio Castro, e un dos vogais, Juan Ricardo Costoya, acudiron á rolda de prensa para dar a coñecer a primeira das actividades oficiais deste clube, que terá lugar o vindeiro 25 de febreiro no local social da Solaina. Trátase, tal e como explicaron, dunha charla titulada: “Zonas de adestramento… Que queremos facer”, que dará comezo ás 12.30 horas e correrá a cargo de Javier Castro, especialista en planificación e tecnificación de deportes. A Concellería de Deportes de Narón colabora con esta actividade, aberta á participación das persoas que practican tanto ciclismo como atletismo, tal e como explicou o edil Román Romero.

O Club Camaleones Narón Bike conta na actualidade con trinta e oito licencias, principalmente de veciños e veciñas de Narón aínda que tamén doutras persoas de concellos de Ferrolterra. Aínda que é agora cando se constuíu oficialmente, leva catro anos de traballo, recorda o seu presidente, tanto en ciclismo como a nivel de competicións deportivas. Tanto é así, indicaron, que nos tres vindeiros meses teñen pechada a súa participación en catorce probas das modalidades de: Enduro, BTT, Descenso e Estrada. A través da súa páxina de Facebook: Camaleones Narón Bike, as persoas interesadas poden obter máis información sobre este novo clube ou mesmo inscribirse.

O presidente do club Camaleones Narón Bike, Antonio Castro, agradeceu publicamente a colaboración do Concello de Narón nesta primeira actividade. Pola súa parte, o edil de Deportes, Román Romero, destacou o traballo do novo clube, así como o nivel das persoas que forman parte do mesmo, animando aos amantes do ciclismo e do atletismo a acudir a esta primeira actividade organizada polo colectivo.

Lea también

Abierta la presentación de ofertas en FIMO Ferrol, para la ciudad del deporte

Hasta el próximo 29 de julio se pueden presentar las ofertas para las mejoras en …