Unha vintena de escolares do CEIP A Gándara visitaron o Concello de Narón

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu na mañá deste martes no salón de plenos a un grupo de vinte e catro alumnos e alumnas de quinto curso de educación Primaria do CEIP da Gándara. Os menores visitaron algunhas dependencias municipais e unha vez no salón de plenos formularon varias preguntas ao rexedor local sobre o seu día a día no traballo á fronte da Alcaldía, entre outros asuntos. Así mesmo, pudieron ver unha proxección sobre o funcionamento e algunhas das instalacións e dependencias municipais antes de regresar de novo aos seus centros escolares.

A iniciativa retómase este ano no marco das visitas que anualmente se programan desde o Servizo Sociocomunitario Municipal cos centros escolares da localidade. A vindeira sesión programada terá lugar o martes 21 de febreiro, xornada na que outros vinte e catro nenos e nenas de quinto de Primaria do CEIP da Gándara se desprazarán ao Concello, tamén ás 10.30 horas.

Así mesmo, tal e como indicaron desde o Servizo Sociocomunitario Municipal, ata o mes de maio están xa programadas outras visitas de alumnos e alumnas dos CEIP Ponte de Xuvia, A Solaina e Virxe do Mar, de quinto e sexto curso de educación Primaria e de educación Infantil, dependendo do centro. Según as previsións, visitarán o Consistorio nos vindeiros catro meses, antes do remate do presente curso escolar, uns douscentos escolares da localidade.

Lea también

Narón convértese no corazón do fútbol base galego co Campionato de Seleccións comarcais

As instalacións municipais de Río Seco, Narón, serán este martes de Entroido o punto de …