Narón oferta treze prazas para a Campaña de Esquí 2017

O concelleiro de Deportes, Román Romero, recordou que o prazo para inscribirse na Campaña de Esquí 2017 promovida pola Deputación da Coruña rematará o vindeiro 23 de xaneiro. A administración provincial oferta este ano un total de trece prazas para a localidade, ás que poden optar os nenos nacidos nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006, que deben cubrir unha ficha –que se pode descargar das páxinas webs: www.padroadodeportesnaron.com ou www.dicoruna.es- e cumplimentar cos datos requeridos para entregala no Rexistro do Concello. No caso de que a demanda de prazas supere á oferta realizarase un sorteo para elixir ás trece persoas que participarán nesta campaña. Os rapaces de Narón están convocados para a primeira quenda, do 19 ao 24 de febreiro, xornadas que pasarán na estación de esquí de Leitariegos, en León.

A cota que aboarán os participantes é de 95 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de transporte, a estadía, a manutención na citada estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material e os derivados das actividades e cursos programados, tal e como se indicou desde a Deputación da Coruña.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …