Vinte nenos e nenas de Narón participan estes días nas actividades do programa ConciliaEscola Nadal

Un total de vinte nenos e nenas de entre 4 e 12 anos participan estes días nas actividades do programa ConciliaEscola Nadal, en Narón.

A proposta, impulsada desde a Concellería de Igualdade e subvencionada pola Deputación da Coruña, conta con dúas quendas, de dez prazas cada unha, se ben a primeira delas, iniciada o pasado luns, finalizou este ao mediodía deste xoves e a segunda iniciarase o venres e rematará o 5 de xaneiro.

A convocatoria desenvólvese nas instalacións do CRA de Domirón, en horario de mañá –de 7.30 a 14.00- e ofertouse tanto á veciñanza da zona urbana como da rural, habilitándose un servizo de transporte escolar

A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, visitou aos participantes da primeira quenda, que se amosaron satisfeitos coas actividades desenvolvidas nos últimos días no marco deste programa.

Obradoiros de educación para a igualdade, de saúde, convivencia de tempo libre e outras moitas actividades forman parte da programación deseñada para o programa ConciliaEscola Nadal. A edil Teresa Sabio recordou que “o éxito desta iniciativa consolídase ano tras ano, constituíndo todo un referente para os seus usuarios e usuarias, que coindicindo coa tempada de vacacións escolares dispoñen de máis facilidades para poder conciliar a súa vida laboral e familiar”.

Lea también

Axenda en Narón o 27 e o 28 de abril

Sábado 27 de abril de 2024 Actividade: Danza tradicional “Ceibe” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da …