Yaiza Arias, Martín López, Lara Amado, Julia Naveiro, Susana Varela, Hugo Rey, Fiorela Araoz, Iria Romera e Carolina Lagoa foron os gañadores e gañadoras do Concurso de Postais de Nadal organizado entre o alumnado do CEIP Eladia Mariño de Cabanas. No mesmo, tomaron parte os preto de douscentos escolares do centro educativo público, onde amosaron a súa creatividade e destreza cos lápices.
O certame, un clásico xa da programación do centro, está promovido polo CEIP en colaboración coa ANPA “O Castiñeiro”, a Librería Xicos de Cabanas e máis o Concello, a través da Concellería de Cultura. O pasado día 21, tiña lugar o acto de entrega dos agasallos ós gañadores, vales, canxeables no citado establecemento comercial. No mesmo, tomou parte tamén a edil de área, Esperanza Gayoso.
As imaxes están a disposición da veciñanza na web municipal: www.cabanas.es.
De seguido, a relación de gañadores por curso e o título da súa postal:
3 anos: 4º Educación Infantil: Yaiza Arias Díaz “Regalos”
4 anos: 5º Educación Infantil: Martín López Moreira “Máxico Nadal”
5 anos: 6º Educación Infantil: Lara Amado Vecino “Árbore (3)”
1º Educación Primaria: Julia Naveiro Vilar “Deseo ver a Papá Noel”
2º Educación Primaria: Susana Varela Calvo “Viva o Nadal”
3º Educación Primaria: Hugo Rey Rodríguez “Bo Nadal ao Eladia Mariño”
4º Educación Primaria: Fiorela Araoz Revilla “La fábrica de Papá Noel jou, jou”
5º Educación Primaria: Iria Romera Gutiérrez “Os sonos sempre se cumpren no Nadal”
6º Educación Primaria: Carolina Lagoa Loureiro “O mellor agasallo”