Homenaxe en Cabanas a 57 anos de convivencia e a 90 anos de vida

Cabanas celebrou este mediodía o seu Xantar de Nadal. Unha iniciativa coa que o Concello busca crear un espazo de encontro e convivencia entre a veciñanza das diferentes parroquias.

Nun comedor abarrotado, o do Hotel Iberia, déronse cita un total de 136 veciños do municipio. Degustaron un menú composto por empanada, sopa, cocido e postre, así como unha selección de doces de Nadal. E, trala comida, chegaba un dos momentos máis emocionantes da velada. A homenaxe ó matrimonio formado por Angel Blanco Seijas e Josefa Solís Ares e á veciña María Amable Corbeira Ares. Ós primeiros, por seren a parella presente que levaba máis anos xuntos. Nada máis e nada menos que 57, superadas con creces as vodas de ouro e camiño das de platino. Ó segundo, por ser o veciño de maior idade no xantar: 90 anos.

Visiblemente emocionados, recibiron de mans do alcalde, Germán Castrillón, a placa conmemorativa que lembrará este momento. Así mesmo, a xornada completouse cun animado baile amenizado coa música en directo do Dúo Tribal.

Lea también

Cariño conmemora el 25N con actividades varias

El Concello de Cariño conmemorará el 25N, Día Internacional para la Eliminación de la Violencia …