O BNG responde a Rey Varela que o único pacto de conveniencia é o acordo entre Sestayo e o PP

ivan-rivas-1-040615Iván Rivas, portavoz municipal do BNG  afirmou na mañá deste martes en relación as declaracións feitas por parte de Rey Varela o lúns, que se o señor Rey Varela quere falar de pacto de conveniencia, debería explicar o que mantivo  coa Sra. Sestayo para aumentar as declaracións exclusivas ao PP.

O BNG considera que se Rey Varela e o PP de Ferrol queren falar de pacto de conveniencia, «deberían falar tamén da connivencia que mantiveron ao longo do seu mandato coa señora Díaz que se abstivo respecto dun convenio, como foi o convenio asinado con ACUAES para os interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol, un convenio que desde o BNG denunciamos desde un inicio e que estamos a ver as graves consecuencias económicas da súa sinatura».

Así mesmo para o BN,G Rey Varela debería explicar o pacto de conveniencia que practicou coa señora Sestayo para facer que o Partido Popular conte no momento actual con 5 dedicacións exclusivas na corporación ferrolá cando no seu mandato entregou 3 a toda a oposición, ou para explicar tamén porque o PP ten o maior nivel de representatividade nas comisións informativas que tivo nunca, senón é mais que por unha connivencia evidente con Ferrol en Común.  « Unha Connivencia que se desenvolve en todos os ámbitos, tanto para aprobar o Plan Especial de Ferrol Vello, antes considerado especulativo polo goberno actual ou para seguir prorrogando un convenio absolutamente precario como o que se desenvolve co Consorcio de bombeiros, mentres estes traballadores seguen sen ser integrados na RPT municipal».

É por isto que o BNG considera que o Partido Popular non esta capacitado para arrogarse o papel de salvador de nada nesta Cidade.

Lea también

La campaña Déixate querer por Ultramar repartirá en Ferrol más de 5.000 euros

Los interesados en participar deberán hacer un gasto en cualquier de los 22 establecimientos adheridos …

3 comentarios

  1. Pues si alguien espera que el salvador o cooperador en la salvacion sea Ivan……pues mejor ir al cine a ver una peli de vaqueros!!!!
    No hace ni oposición ni gaitas…..bueno…tocar la gaita a lo mejor!!!

  2. Sestayo fue teniente de alcalde hasta hace 2 meses con el apoyo del BNG. No se puede ser más incongruente. ¿Se olvidan de que son oposición a Suárez? Porque gastan muchas energías contra el PP, como si el gobierno ferrolano lo estuviese haciendo estupendamente.

  3. El único compromiso de los Populares es con la ciudadanía, trabajar única y exclusivamente por el bien de Todos sin excepción, lejos de las feas amenazas de colapso e imposiciones que se trae el conglomerado de izquierdas