O Padroado da Cultura acolle a obra de teatro infantil «Muuu… Las cosas de Celia»

A compañía Teloncillo actuará en dous pases mañá sábado 26, tras esgotarse o centenar de entradas dispoñibles para ver a función da obra de teatro para bebés Muuu… Las cosas de Celia, programada para as 18 horas no Café Teatro do Pazo. A vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou que «debido á excelente acollida deste evento, e co fin de atender a elevada demanda, programouse un segundo pase, a partir das 19 horas». Ferreiro indicou que as cen entradas dispoñibles, limitadas polo aforo do espazo, poden adquirise a partir de hoxe na billeteira do Pazo da Cultura. O prezo é de 9,50 euros para os abonados e de 6,65 para desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

O espectáculo combinará o teatro coa música, o baile, os malabares e a maxia e está pensado para público infantil, a partir de seis meses. O ambiente que se creará no espazo habilitado como escenario recreará múltiples cores e sensacións cos que Ana Galego e Anxo Sánchez farán gozar ao público na media hora de duración desta obra.

Esta mesma peza teatral representarase a partir da vindeira semana nas escolas infantís municipais e na unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol, no marco da XXXIV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil, tamén organizada polo Padroado da Cultura de Narón.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …