128 traballos optan ao VII Concurso de Fotografía Cidade de Narón

collage ganadores fotografia naron 18-12
Imaxe en collage dos ganadores da pasada edición.

Un total de corenta e catro persoas presentaron imaxes, baixo o pertinente pseudónimo, ao VII Concurso de Fotografía Cidade de Narón. En total entregáronse 128 traballos que un xurado integrado por fotógrafos profesionais valorará o vindeiro xoves 24, e cuxo fallo se dará a coñecer nos vindeiros días. O autor da foto mellor valorada recibirá un premio de 750 euros e os da segunda e terceira 300 e 150 euros, respectivamente.

As imaxes que optan a esta sétima edición do certame, convocado pola Concellería de Turismo de Narón, que dirixe Natalia Hermida, entregáronse cos pseudónimos: Dexter Gordon, Rumba, Freixo, Suízo, Escorpio, Sombra, Majarun, Kiten’s, Cormoran, Valder, Angaca62, Miñaxoia, Otreborv, Garby, CRA, Aragueney, Orobanca, Lomelina, Spiderman, Doraemon, MB, Chicago 23, Mordecai, Koru, Barkala, Patixphoto, Chitola, Cooky, Banen, Jealcadi, Yomeapunto, Templarios, Terrameiga, k-landra- k, Minacos, Primera puerta, Nordeste fresco, Coné, Amigolo, Recuerdos de esperanza, Dabroda, Tron, Abeleira e Muriel.

A edil naronesa agradeceu a participación destas persoas no concurso e recordou que as imaxes gañadoras pasarán a formar parte do calendario de sobremesa que editará o Concello –a través da área de Turismo- para o 2017. Todas as fotografías estarán cedidas ao Concello para fins promocionais da cidade.

Hermida explicou que o acto de entrega destes premios terá lugar no transcurso dun acto público cuxa data se dará a coñecer proximamente.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …