Concelleiras de Narón visitan as instalacións de COGAMI

cogami-8-11Representantes do concello de Narón visitaron as instalacións que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten en Ferrol. A concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García Blanco, e a de Promoción Social e Igualdade, Teresa Jesús Sabio Rodríguez, foron recibidas pola directora do centro, María Aneiros, e polo vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo.

COGAMI Ferrol atende a 652 persoas con discapacidade que están empadroadas no concello de Narón, das que 300 son mulleres e 352 homes. Todas estas persoas están apuntadas no Servizo de Intermediación e Orientación Laboral que ten COGAMI, que conta cun equipo formado por catro orientadoras laborais. Durante este ano, este equipo logrou a inserción laboral de 305 persoas tras detectar 281 ofertas de emprego lanzadas polas empresas da comarca.

Durante a visita, tamén estivo presente a presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) quen aproveitou para presentar esta entidade ás concelleiras e os programas que desenvolve a favor da muller con discapacidade para favorecer o seu empoderamento e participación social. Dende a asociación ACADAR estase desenvolvendo na comarca o programa «Violencia tolerancia cero» no que participan mulleres de Narón.

Lea también

Abiertas al tráfico la carretera de Catabois y la calle Breogán, ésta en doble sentido de circulaciòn

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, destacó al mediodía de este viernes, día …