O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quere denunciar unha vez máis o comportamento do goberno municipal que continúa a incumprir os acordos adoptados no pleno municipal según sinala nun comunicado remitido aos medios de comunicación
«No pleno do mes de xuño aprobouse a moción presentada polo BNG co fin de denunciar o proceso de regularización catastral emprendido polo Ministerio de Facenda e paralizar os seus efectos na cidade mediante dúas alternativas: a través da non aplicación do carcáter retroactivo da norma que é unha decisión de competencia municipal. Ademais da posibilidade de desenvolver bonificacións a propiedades rústicas vinculadas á actividade agraria que antes non se gravaba e ás que agora se lles impón un novo imposto.
O BNG censura este comportamento do goberno municipal no que dí unha cousa e fai outra, e así, a pesar de terse aprobado no pleno municipal a non aplicación con carácter retroactivo deste incremento no IBI, o goberno decidiu tramitar estes expedientes con carácter retroactivo, que supoñen 3,32 millóns de euros en base a este concepto para as arcas municipais.
Desde o BNG censuramos o feito de non só non ter en conta o aprobado no pleno municipal, senón tamén o feito de non ter desenvolvido ningún tipo de medida paliativa para evitar estas compensacións produto do afán recadatorio do PP, a través das leis de estabilidade orzamentaria cos que se pretende que se contabilicen propiedades rústicas accesorias as vivendas que nun territorio como o galego cunha poboación tan diseminada ten unha incidencia moito maior que no resto do Estado.
Hai que ter en conta, ademais, que se está a cobrar por parte do ministerio 60 euros por iniciar cada un dos expedientes de regularización. Un por cada construcción aínda que formen parte da mesma propiedade e que demostra o caracter recadatorio da normativa».