O Concello de Cabanas abre o prazo para participar nun curso de Produtos Fitosanitarios

O Concello de Cabanas vén de abrir o prazo de inscrición no Curso de Usuarios Profesionais de Produtos Fitosanitarios, nivel básico. Deste xeito, as persoas interesadas en tomar parte nesta acción formativa que facilita a obtención do carné básico poden cubrir a solicitude e entregala no Rexistro Xeral do Concello. O prazo remata o 3 de novembro, inclusive. Así mesmo, dende a Administración local infórmase que na concesión das prazas terán preferencia os titulares de explotacións agrarias e persoal dependente, así como aqueles que quedaron en lista de espera na edición anterior da acción formativa celebrada no mes de xullo.

A listaxe de admitidos e tamén a relación de persoas en lista de espera, se a houbera, publicarase tanto na páxina web municipal (www.cabanas.es) como no taboleiro de anuncios.

O curso é de 25 horas e estará impartido por persoal da Consellería de Medio Rural. Desenvolverase entre o 7 e o 11 de novembro, en horario de 9 a 14 horas.

Lea también

Ortigueira abre el plazo de solicitudes para el programa de ‘Agasallos de Nadal 2025’

El gobierno local lanza un año más una iniciativa de ayuda para que ningún niño …