Aprobada definitivamente en Narón a Conta xeral do Concello, do Padroado da Cultura e de Cosma

concello-pleno-13-10En Narón os edís do grupo de goberno –TEGA, PSOE e BNG-, e de dous partidos da oposición, PP e EU, desestimaron na mañá deste xoves nun pleno extraordinario as alegacións presentadas polo único edil do grupo Eliximos Narón Electores (ENE) á Conta Xeral do Concello, do Padroado da Cultura e da empresa mixta Cosma correspondentes ao exercicio de 2015. A desestimación das alegacións permite aprobar definitivamente a Conta Xeral do Concello, do Padroado da Cultura e da empresa Cosma, na que a administración local ten unha participación do 51%.

Así mesmo, na sesión desestimouse coa oposición de todos os grupos da corporación, excepto ENE que presentou a alegación, o expediente de modificación de créditos 19/2016, subexpediente 2/2016 de crédito extraordinario e suplemento de crédito, por un importe de 1.510.070, 58 euros. Os documentos, ao igual que no caso anterior, vistos os informes favorables do departamento municipal de Intervención aprobáronse definitivamente.

«É lamentable a paralización á que obriga algún concelleiro da corporación local que confunde a súa labor de fiscalización política coa que teñen que desenvolver os técnicos municipais, intentando suplantar o seu traballo», asegurou José Manuel Blanco. O alcalde valorou todos os votos favorables menos un (do edil de ENE) á desestimación das propostas de ENE e destacou e agradeceu o traballo dos técnicos municipais «que a pesar de ser pouco o persoal, cun gran esforzo realizan unha labor excelente e teñen que soportar aínda actitudes como a que nos levou hoxe ao pleno, que os obriga a realizar un doble traballo».

O cuarto punto da orde do día, a aprobación do acordo de incoación do expediente de contratación do servizo de Axuda no Fogar saíu adiante por unanimidade da corporación local. O xefe do Servizo Sociocomunitario detectou a necesidade de contratar este servizo dada a imposibilidade de dispoñer de auxiliares de axuda a domicilio e á falta de persoal especializado e con experiencia para xestionalo. O trámite de adxudicación do citado contrato, a través dun procedemento aberto, tal e como se anunciou, inclúe unha serie de cláusulas que como é habitual nestes casos se recollen nos pertinentes pregos administrativo e técnico.

No último punto do pleno aprobouse o expediente de contratación, autorizando desde o Concello un gasto de 62.712,50 euros para a citada contratación e os citados pregos administrativos e as prescricións técnicas, debendo agora licitarse o servizo a través da publicación do anuncio no DOUE, no BOE e no BOP.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …