Un grupo de mozos de Galiza Nova protagonizou na mañá deste mércores un acto simbólico e reivindicativo en Santiago de Compostela para reclamar a «soberanía nacional» galega en contraposición ás celebracións da Hispanidade en todo o Estado.
«Non hai nada que celebrar e si moito polo que loitar», exclamaron, mentres estendían unha bandeira galega de grandes dimensións nas escaleiras da Praza de Praterías compostelá.
«O Estado español condena a Galicia á dependencia e a miseria e empéñase en anular con todos os seus medios a nosa identidade nacional», denunciaba Alberte Mera, secretario xeral da formación xuvenil, criticando «un sistema totalmente corrompido no que a Constitución é o amparo legal das accións máis socialmente inxustas»
Mera arremeteu contra «as políticas do capital levadas a cabo polos gobernos español e galego» que se centran «unicamente no beneficio das grandes multinacionais e no empobrecimiento xeneralizado do pobo».
Así mesmo, denunciou que esta situación está a levar a moitos mozos «para emigrar e labrarse un futuro lonxe da súa terra», deixándoa «baleira» e condenándoa ao «envellecemento poboacional».
«A autoorganización do pobo galego, sen dependencias nin tutelas, é o único camiño para a emancipación nacional», insistiu, para reiterar que non é tempo de celebracións senón de denuncias.
Por iso, Galiza Nova iniciará unha campaña en defensa dun emprego digno «ante as políticas neoliberais e nefastas» dos gobernos do Partido Popular, levando a un 55 por cento de desemprego xuvenil ou «aos traballos máis precarios».
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
Estos mozalbetes, además de ignorar absolutamente la historia de Galicia, ni siquiera son capaces de recordar el espantoso gobierno nacionalista de hace nada o que su formación ha conseguido seis escaños frente a los 41 del Partido Popular o los 14 del PSOE. espero que sigan tan acertados.