A Escola de Teatro de Narón será homenaxeada este domingo na Coruña

"2021: unha odisea na teerra"
«2021: unha odisea na terra»

A Escola de Teatro de Narón será homenaxeada este domingo, día 2 de outubro, no marco da quinta edición da Mostra de Teatro Afeccionado que se celebrará no Teatro Colón, na Coruña. A vicepresidenta do Padroado da Cultura e concelleira da área, Marián Ferreiro, agradeceu este recoñecemento que se brindará á Escola de Teatro na cidade herculina e felicitou de antemán ao profesorado, técnicos e alumnado. «Para o Padroado da Cultura de Narón é todo un honor este recoñecemento á labor das Escolas de Teatro», asegurou Ferreiro.

O acto programado no Teatro Colón comezará ás 18.00 horas, coa representación da obra «2021: Unha odisea na terra», escrita e dirixida polo naronés Jose Luis Prieto e na que colaborou o equipo de Seguridade Vial do Concello. Trátase dunha comedia familiar, interpretada e realizada desde a Escola de Teatro de Narón e dirixida a todos os públicos, na que a seguridade viaria e a concienciación sobre o coidado do medio ambiente xogan un papel fundamental. Ao remate da posta en escena, sobre as 19.30 haberá un pequeno coloquio no que se recordará a historia da Escola de Teatro de Narón, no que participarán a vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e a directora da citada Escola, Flor Maceiras.

A vicepresidenta do Padroado da Cultura destacou o traballo da Escola de Teatro de Narón, cuxa andaina na localidade comezou no ano 1982, tal e como recordou. Marián Ferreiro valorou a aposta do Concello polas artes escénicas, un feito que constata «o importante número de veciños e veciñas, non só de Narón senón tamén procedentes doutras localidades da comarca, que cada ano acoden ás clases da Escola de Formación de Actores e Actrices e aos talleres que se convocan anualmente en parroquias da zona rural e en barrios do núcleo urbán da cidade». No curso 2015-2016 unhas duascentas cincuenta personas matriculáronse nalgún dos cursos impartidos desde a Escola de Teatro de Narón, tal e como apuntou a vicepresidenta do Padroado da Cultura.

O Padroado mantén aberto aínda o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais, entre as que están as de teatro. Recoñecidos profesionais das artes escénicas, como a actual directora da Escola de Formación de Actores e Actrices, Flor Maceiras, ou o dramaturgo naronés Jose Luis Prieto realizaron parte da súa formación nestas escolas, tal e como recordou a concelleira naronesa.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …