Repremenda da portavoz de Tega ás declaracións do PP sobre a rúa Xoan XXIII

(Fot. GAD)
(Fot. GAD)

A portavoz de Terra Galega no Concello de Narón, Marián Ferreiro, saíu ao paso das acusacións formuladas desde o grupo municipal do PP nunha moción presentada  no pleno sobre a rúa Xoán XXIII, en Xuvia e publicada este mércores en Galicia Ártabra. Os populares instaban ao goberno local a arranxar o citado vial e acusaron aos edís de «saír das súas casas mirando ao ceo ou cos ollos cerrados».

Unha acusación que, subliñou Ferreiro, ademáis de incerta, podería axustarse á perfección aos edís do PP. «O Plan de Acción Social da Deputación da Coruña aprobado en decembro de 2015 e co voto a favor dos edís do PP contempla obras de mellora na rúa Xoán XXIII, no tramo que está en peor estado, co que unha vez máis temos que lamentar a súa actitude e falla de rigor ao realizar acusacións infundadas contra o grupo de goberno», apuntou.

A portavoz de TEGA instou aos concelleiros do PP naronés a «ler os expedientes antes de presentar mocións nin criticar o traballo do equipo de goberno». Así mesmo, calificou de «bastante grave» o feito de «asistir a un pleno como representante dunha parte da veciñanza de Narón que no seu día lles depositou a súa confianza co seu voto e non saber nin os temas nos que se está a traballar nin o que se vota nos plenos». A edil animou aos populares a «ler a acta do pleno de decembro de 2015 en cuxa segunda páxina, sen ter que ir moito máis lonxe, poden ver os investimentos aprobados con cargo ao PAS 2015, entre os que está a rúa Xoán XXIII, e dígollo polo seu ben, para que non repitan o mesmo erro ao presentar novas mocións similares con outras rúas de Narón, tal e como avanzaron nos medios de comunicación».

No que respecta ao plan plurianual solicitado polos populares, Ferreiro recordoulle que cada ano se proxectan investimentos en viais da localidade sobre os que se solicitan as propostas plantexadas desde as entidades veciñais a través da Concellería de Obras, responsable das intervencións. «Continuaremos traballando, como vén facendo este goberno local desde hai moitos anos, en mellorar na medida das posibilidades tanto as infraestruturas como os servizos que se prestan á veciñanza desde o noso Concello», subliñou, animando aos edís do PP a que «presten un pouco máis de atención á hora de desempeñar a súa labor de oposición no Concello aínda que só sexa por respectar aos naroneses e naronesas».

Lea también

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza un obradoiro de toque de pandeireta

A Xornada terá lugar este domingo 13 no Centro Cívico Social de Sedes e será …

4 comentarios

  1. Muy bien señora teniente alcalde esta gente se cree que por salir a la calle cada vez que tienen elecciones ya hacen oposición.no se enteran de que en Naron se vive muy bien eso si el ibi un poquito caro pero ya le gustaría a muchas ciudades ya no de galicia de España estar como Naron no hay más que salir por hay adelante.a seguir trabajando así.

    • Ahora no hay elecciones

    • Sr Fernando se puede pasar por la calle Concepción Arenal en la gandara y verá como trabaja el Concello de naron , una chapuza en toda regla , una calle que había que renovar por completo pues van y con unos cubos de asfalto lo solucionaron , ah me olvidaba y aún encima dejaron tapados pasos de peatones y rayas del arcén , pero claro a los palmeros de Don corleone les va bien

  2. «Plan plurianual», que como su propio nombre indica «varios años». Si como dice lo aprueban año año será «anual». ¿Qué parte no entendieron?