Restricións do tráfico rodado na zona da Gándara por obras de saneamento

Os traballos correspondentes ás obras do saneamento integral da ría que se desenvolven na actualidade na zona da Gándara obrigan novamente a aplicar restricións no tráfico rodado. Así, a partir do vindeiro luns 19 cortarase en ambos sentidos de circulación a intersección da avenida Luis Seoane coa de Castelao (á altura do concesionario de vehículos Renault), no límite entre os municipios de Narón e Ferrol.

Desde a Policía Local de Narón indicaron que o corte será efectivo a partir das 8 horas e que o tramo se reabrirá unha vez que a empresa adxudicataria dos traballos remate a actuación prevista na zona. Os condutores que traten de acceder á avenida Luis Seoane desde a Nicasio Pérez (zona de Ferrol) deberán facelo a través da avenida do Mar, tal e como se acordou tras unha xuntanza mantida na zona da obra entre representantes das policías locais de Narón e Ferrol.

Lea también

Ingresa en prisión tras agredir con una hoz a otro hombre en un asentamiento chabolista de Freixeiro, en Narón

Agentes de la Comisaría de Policía Nacional de Ferrol-Narón han detenido a un varón como …