Xunta e sindicatos asinan un acordo para considerar aos traballadores antiincendios como bombeiros forestais

Sinatura de acordo entre a Xunta de Galicia e as Organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT sobre os bombeiros forestais e a súa segunda actividade. Acudirán os conselleiros do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e de Facenda, Valeriano Martínez.  Na Sala de Xuntas do Gabinete da Conselleira do Medio Rural.foto xoán crespo08/09/16

Os conselleiros de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e de Facenda, Valeriano Martínez, asinaron esta mañá con representantes das organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF e UGT o acordo para que os traballadores do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta teñan a consideración de bombeiros forestais.

Uns 2.000 profesionais deste servizo poderanse beneficiar desta medida, que é unha petición reiterada deste colectivo. O acordo foi negociado entre os sindicatos, a propia Consellería do Medio Rural e a Dirección Xeral de Función Pública da Consellería de Facenda. O cambio suporá unha mellora das condicións laborais dos traballadores, o que redundará tamén nunha maior eficacia no desenvolvemento das súas funcións. Ademais, o acordo mellora tamén as condicións dos traballadores en aspectos como a progresiva implantación dunha segunda actividade para os empregados de maior idade, a redución da taxa de temporalidade ou a creación dunha comisión de seguimento do acordo.

Con respecto á taxa de temporalidade, para reducila as partes asinantes decidiron incluír nas ofertas de emprego público dos vindeiros anos (2017 a 2020) prazas do persoal do SPDCIF, co fin de completar a convocatoria das vacantes existentes neste servizo con suxeción ao disposto na normativa básica do Estado. A Xunta comprométese a que nas ofertas de emprego público dependentes da Consellería de Facenda ofertaranse un mínimo do 20% das prazas no devandito período para este persoal.

Con respecto á segunda actividade, as partes amósanse conscientes dos riscos laborais deste colectivo, que se acentúan coa maior idade dos seus integrantes. Por iso, acordan que o pase á segunda actividade será progresivo e estenderase á totalidade do ano como máximo no 2018. Esta segunda actividade será, en todo caso, voluntaria, e consistirá na realización de tarefas preventivas e de apoio loxístico ao SPDCIF sen que isto comporte unha vinculación directa ás labores de extinción de incendios. Para acceder a esta modalidade os empregados deberán cumprir varios requisitos, entre eles o de ter cumpridos 60 anos de idade e non estar acollidos á xubilación parcial.

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …