O BNG cualifica de incomprensibel o comportamento do goberno local

ivan-rivas-2-040615Para o BNG a documentación entregada este venres na xunta de voceiros dista moito de ser un documento orzamentario e se limita exclusivamente a determinar o estado de gastos para este ano 2016, e tampouco de maneira integra porque nel «faltan por incorporar decenas de millóns de euros dos que non temos costancia de cal vai ser o seu destino, xa que na documentación achegada non se recolle nin o importe total do orzamento e o seu fin».

«Desde o BNG – se sinala nun comunicado-somos incapaces de comprender cales son os motivos deste goberno para actuar deste modo. Para o BNG esta maneira de actuar demostra a absoluta indiferenza do goberno ente as decisións que ten a obriga de adoptar e que só beneficia aos intereses políticos do PP.

Coa documentación achegada este venres é imposíbel poder abrir ningun tipo de debate sobre o principal documento económico municipal.

Xa que o primeiro que debería contemplar este goberno é a obrigación de detraer os ingresos e polo tanto dos gastos as cantidade vinculadas ao proceso de regularización catastral, a causa da decisión adoptada no día de onte a través da moción proposta polo BNG».

FALTA DOCUMENTACIÓN 

«A documentación entregada carece do anexo de subvencións, anexo de investimentos, do cadro de persoal, do orzamento de Emafesa ou da empresa de Turismo e incluso carece de estado de ingresos polo que é imposíbel comprobar nin cal é a política recadatoria e dos ingresos se hai a previsión de contratar prestamos ou non, cal é a relación entre os gastos e os ingresos deste concello, as súas previsións impositivas, as cantidades que se destinan a cada un dos proxectos de investimentos ou se este gasto ten carácter anual ou plurianual e en definitiva cal é a política económica municipal.

O único que se nos facilita é un estado de gastos con esta documentacion. É dicir un conxunto de follas que fóra do contexto onde teñen que estar non siginifican nada. Ademáis que non se entregan as comparativas cos orzamentos anteriores para comprobar os incrementos ou diminucións das partidas».
Para o BNG resulta sorprendente que «desde o goberno local se anuncien supostos investimentos nos orzamentos cando non se nos fai entrega dos mesmos polo que descoñecemos que proxectos son os que van desenvolver, cales son as partidas que se lles asignan a cada un e cal é a porcentaxe dos orzamentos municipais que vai adicada a investimentos».

O BNG se pregunta «se considera o goberno local que só coas follas que entrega se se poden elaborar uns orzamentos así como se é posibel que con esta escasa información se poidan establecer calquer tipo de negociación con ningunha organización política mentres non contemos coa documentación completa para poder valorar cal é a política de gastos pero tamén cal é a política de ingresos no que parece que se esta a esconder cales son as intencións de recadación para este ano 2016.

Consideramos que o actual goberno municipal debería comezar por detraer dos orzamentos para o ano 2016 os ingresos produto do cobro con carácter retroactivo do IBI produto da regularización catastral iniciada polo Estado e que no día de onte foi aprobado no pleno municipal non demandar este pago retroactivo, polo que o BNG solicita a este goberno un primeiro axuste dese borrador de orzamentos co fin de desbotar a cantidade vinculada a ese pago retroactivo».
O BNG lémbralle a este goberno que o contido dos orzamentos municipais esta regulado co fin de fiscalizar pormenorizadamente o destino do diñeiro público e coa documentación achegada ningún técnico municipal permitiría a aprobación deste documento.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …

Un comentario

  1. Es que pocas calificaciones puede haber para este papelucho que han presentando los del bipartito. Si han necesitado más de un año para presentar esta chapuza.. demuestran su incompetencia y su absoluta incapacidad para gobernar. Algo que muchos imaginábamos pero que día a día demuestran con creces.