Membros da corporación naronesa mantiveron unha xuntanza coa nova directiva da AVV de O Couto

naron- o coutoO alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os edís de Obras, Cultura e Participación Cidadá, Pablo Mauriz, Marián Ferreiro e Catalina García, respectivamente, mantiveron unha reunión con representantes da nova directiva da Asociación de Veciños do Couto,, presidida por Ramón Francisco Coto trala recente renovación de cargos na entidade. Así mesmo, acudiron á xuntanza a tesoureira da AVV, Rosa María García, e o secretario, Xosé Francisco Roade.

Os integrantes da directiva do Couto saudaron aos representantes do goberno local e conversaron animadamente con eles no despacho do rexedor, abordando varios asuntos de interese da citada parroquia naronesa.

Ramón Francisco Coto releva no cargo a Anselmo Beceiro, tamén veciño do Couto e que levaba máis dunha década á fronte da citada entidade veciñal da parroquia.

Lea también

El comité de empresa de Guidoni Quartz rechaza el ERTE planteado para la planta de Narón

Afectaría a toda la plantilla de la planta de fabricación de tableros de aglomerados de …