Narón acolle seis nenos de Chernobyl que pasarán parte do verán na localidade

nenos chernobyl naron 28-6

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco; a concelleira de Acción Social, Catalina García, e representantes dos grupos da corporación local asistiron á recepción que tivo lugar esta mañá no Concello ás catro nenas e un neno procedentes de Chernóbil e que pasan parte do verán na localidade. Á convocatoria acudiron, ademais dos representantes políticos e os menores, as familias de acollida e a presidenta da ONG Ledicia Cativa,

Montse Tuimil, a través da que se xestiona a estancia dos nenos e nenas en varios municipios galegos. O rexedor local e a edil de Acción Social deron a benvida aos participantes no programa e destacaron a colaboración das familias nesta iniciativa, «indispensable para poder manter este programa de colaboración coa citada asociación», subliñaron. Os menores recibiron uns agasallos e tamén se entregou ás familias un vale por importe de 60 euros para canxear por material nunha libraría da localidade. «É unha gran satisfacción como alcalde poder participar neste tipo de iniciativas, vendo o resultado práctico deste tipo de programas que se desenvolven coa colaboración da administración pública e das familias», incidiu o alcalde.

Evgeny Chernyzhevskiy, Margarita Shupikova, Ekaterina Chalykh, Sofia Snytko e Anastasia Atroshenko, de entre 8 e 13 anos, chegaron o pasado 23 de xuño a Narón e permanecerán na localidade ata o 25 de agosto cun total de catro familias. A convocatoria concíbese como un programa de acollida temporal en proceso recuperativo de saúde de menores rusos afectados pola radiación de Chernóbil e procendentes de zonas declaradas «desastres ecolóxicos» da Federación Rusa.

A ONG Ledicia Cativa, son sede en Ourense, traballa con preto de corenta concellos galegos, varios da provincia da Coruña, entre eles o de Narón, que participa nesta convocatoria por terceiro ano consecutivo. O primeiro ano pasaron o verán en Narón un neno e unha nena de Chernóbil e nesta ocasión repiten os cinco que estiveron na localidade -tamén en réxime de acollida- o pasado verán, tal e como recordou a concelleira de Acción Social.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …