Milladoiro actuará durante a sardiñada de San Xiao, en Narón

Milladoiro en Orftigueira. Fot. arch.

A parroquia de San Xiao, en Narón, acollerá o vindeiro 9 de xullo unha sardiñada organizada pola Asociación de Veciños Ceibe San Xiao e o Concello .

A cita festiva comezará ás 21.30 horas na pista polideportiva, xunto ao local social, e os asistentes terán a oportunidade de degustar sardiñas e bolos preñados, debendo pagar 3 euros os socios e 8 o resto de asistentes.

A edil de Cultura, Marián Ferreiro, anunciou que o apartado musical desta convocatoria correrá a cargo de Milladoiro, recoñecido grupo de música folk e celta que amenizará esa noite na citada parroquia naronesa cun concerto que será de balde.

A concelleira naronesa agracedeu a colaboración da entidade veciñal da parroquia para convocar novamente esta sardiñada popular en San Xiao, donde se realizou outros anos e que se enmarca no programa de actividades que en colaboración co Concello se programan ao longo do ano nas parroquias e barrios de Narón xunto coas distintas entidades veciñais.

Lea también

El TSXG avala el despido disciplinario de un responsable de diseño de Pull & Bear por acoso y comportamiento vejatorio

La sentencia desestima el recurso del trabajador y avala la investigación interna del grupo Inditex. …