O IES de Canido celebra este mércores o fin de curso co proyecto «GZ música na filial

los_zenhtolos_Este mércores terá lugar o acto de fin de curso coa actuación de diversos alumnos e alumnas. O grupo ferrolán «Zentholos» porá o broche final ao recoñecido Proxecto.

Logo de diversas actividades ao longo do curso a través do «Proxecto Gz. Música na Filial’»este mércores terá lugar o acto final. O mesmo consistirá nun festival fin de curso con actuacións musicais e a proxección das diversas videomontaxes elaboradas polo alumnado da ESO.

O Proxecto, que naceu polo mes de novembro, procurou achegar a lingua galega a través de algo tan atractivo como a música. O alumnado de secundaria -dun ámbito urbano- comprobou que o noso idioma existe en parcelas e estilos musicais que eles e elas a priori atribuían a outras linguas, rachando cos estereotipos que relacionan o noso idioma e a nosa música con ámbitos só de corte tradicional, necesarios mais non únicos.

A resposta do alumnado foi desde un primeiro momento moi positiva, pois un centenar deles foron quen de participar no Proxecto. Así mesmo a colaboración de recoñecidos grupos do panorama musical galego abraiante: Ataque escampe, Zënzar; Heredeiros da Crus, Medomedá, Xabier Díaz… foron algúns dos artistas que publicamente amosaron o seu apoio –a través de gravacións colgadas na rede- á iniciativa do profesorado e persoal laboral do Canido.

A presenza no centro do ferrolán Víctor Aneiros (rei do blues galego), Xurxo Souto (historia do rock galego) ou Cristian Silva (televisivo gaiteiro vangardista do ‘Luar’) déronlle ao proxecto unha interesante perspectiva multidisciplinar en canto a estilos musicais e a categoría necesaria a unha aventura que naceu para lles achegar o idioma e a cultura aos cativos e cativas do IES Canido.

E que mellor que os «Zentholos» para pór o fin de festa ao ilusionante «Proxecto Gz. Música na Filial». O grupo ferrolán de seguro farán vibrar e ter unha xornada inesquecible á comunidade educativa da Filial.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …