Entidades e asociacións piden a paralización inmediata de Reganosa

reganosa-10-9As Asociacións, Entidades e Partidos Políticos: Adega, A. C. Fuco Buxán, A.VV Cuco Ruiz Cortazar de Caranza, A.C. Muiño do Vento de Canido, Confraria de Pescadores de Ferrol, Confraria de Pescadores San Telmo de Mugardos, EU Ferrol, EU Mugardos, Fundación Artabría. Grupo Municipal do BNG Ferrol, Iniciativa Cidadán de Mugardos, Memoria Histórica Democrática, Plataforma dos veciños “O Cruceiro de Mehá”. PSdeG-PSOE Ferrol e Verdegaia ante a publicación no BOE, o 30 de maio pasado, a apertura de información pública da Solicitude de Autorización Administrativa Previa e do Proxecto de Execución da Planta de Gas de REGANOSA rexistraron o  escrito de alegacións ante o Ministerio de Industria.

No escrito se sinala como cuestión previa a nulidade radical do procedemento de autorización por fraude de lei, desviación de poder, vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva ao tentar eludir o cumprimento dunha Sentenza e vulneración do principio de confianza lexítima, pola tramitación deste expediente pola vía de urxencia e sen cumprir coa preceptiva avaliación ambiental.

Todo iso sen prexuízo de que a tramitación deste procedemento, sen proceder á paralización inmediata da instalación, pode ser constitutiva de senllos delitos de prevaricación, de desobediencia do mandato do Tribunal Supremo, de risco contra o medioambiente e de risco para a seguridade colectiva nos que podería estar a incorrer esta Subidrección Xeral.

Como conclusión, solicitan a nulidade da tramitación por razóns de forma; en tanto que nin obran no expediente, nin se lles deu traslado da documentación e informes necesarios que se mencionaron no corpo deste escrito e de fondo; posto que REGANOSA nin cumpre, nin poderá cumprir xamais os requisitos do Art. 67 da LH, todo iso sen prexuízo de que ademais este expediente parte dun Acordo nulo como é o Acordo do Consello de Ministros de 27 de maio de 2016.

Piden que se ordene a paralización inmediata da instalación en cumprimento das sentenzas do Tribunal Supremo e que non se rehabilite a actividade en tanto non se obteñan as preceptivas autorizacións, tras acreditar o cumprimento dos requisitos do Art. 67 LH, cuestión esta que como dixemos é imposible no caso de REGANOSA.

Lea también

Gran brillantez en el acto de entrega de los premios «ártabros-2023-24» de Galicia Ártabra

En una brillante jornada, con “abarrote total” en la tarde del sábado, día 20 de abril …

5 comentarios

  1. Como andamos tan sobrados los ferrolanos, pedimos que se cierre una nueva empresa y que sus trabajadores se vayan al paro. Ya de paso podemos pedir que cierren Bazán y Astano.

    • Pandereteiro, primerio haberá que cumprir as leis, non???? ou aceptamos vivir na corrupzón só por ter trabalho???? vaia xente sin ética nin moral hai na Espanha. …. Vai votar polos corruptos Pandereteiro, pra máis non das.

    • Se tiveses a regasificadora pegada á túa casa, toda esa xente estaría do teu lado para pedir que a movesen a un lugar onde puidese operar legalmente. Deberías estar agradecido de que haxa movementos sociais que velen pola legalidade e os dereitos doutras persoas.

  2. El PP se queda solo defendiendo a Reganosa e ignorando las sentecias del Tribunal Supremo

  3. a)Como siempre el Psoe ayer dijo que si y hoy dice que no, asi les va
    b)El BLOQUE de Mugardos siempre le parecio bien la localizacion, porque genera muchos impuestos en la localidad, como es normal.
    c)Muchos vecinos que tenian sus propiedades alrededor del complejo, vendieron a precio de oro, ¿por que no se quejaron?.
    d) Ojala exististiese en muchas zonas de Ferrol donde hay tanques de gas para los edificios, con instalaciones
    que dejan mucho que desear. En Reganosa, hay un equipo tecnico controlando , vigilando, inspeccionando
    las instalaciones las 24 horas del dia. En Barcelona (bajo Monjuit) hay unas instalaciones de Gas Natural que
    llevan mas de 40 años (El LAIETA que se hizo en Astano, descargo alli toda su vida), y nunca tuvieron problemas, porque cuando se hacen las cosas con responsabilidad,