Según unha remitida pola oficina de prensa da alcaldía de Ferrol, «Jorge Suárez Fernández, realizou no mediodía deste luns unha visita de algo mais dunha hora ao CAPD «Souto de Leixa», o maior centro para discapacitados de Galicia, con 172 prazas no polígono de San Pedro de Leixa, a carón do CHUF.
Era un compromiso que o alcalde tiña adquirido persoalmente coa APU deste centro, a representación de pais e nais de usuarios, antano público que foi segregado do CEE «Terra de Ferrol’, e coa xestión privatizada pola Xunta de Galicia desde finais do 2010, en mans da compañía Clece, empresa multiservizos do grupo ACS.
A APU guiou ao rexedor nun percorrido polo centro coa vontade de «amosar as graves carencias que arrastra o centro”. O alcalde puido comprobar de primeira man o mal estado das instalacións -tellas rotas, humidades e pingueiras nos obradoiros- , o mal estado dos espazos e pistas deportivas e para o lecer, xa que caeron no abandono por falla de mantemento, material inadecuado e sobre todo, falla de persoal (menos de 30 por dia, segundo denuncia a APU, cunha ratio que consideran desaxeitada e insuficiente).
Suárez manifestou que o vaso terapéutico, por exemplo, e pese aos anuncios dunha próxima solución feitos polo Goberno galego no outono pasado, non conta aínda coa comunicación interna comprometida para unha xestión e uso compartido entre o Terra de Ferrol e o Souto de Leixa. Os usuarios do CAPD unicamente poden acceder un día de cada semana ao vaso e polo exterior do recinto, lamentan desde a APU.
Jorge Suárez reivindicou a imprescindible xestión pública dun centro como o ‘Souto de Leixa’, logo dunha privatización pura e dura feita baixo o eufemismo da ‘externalización da xestión’, feita polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo, que foi moi contestada no seu día polas forzas de esquerda, os sindicatos, a comunidade educativa e os traballadores do centro. O resultado desta manobra privatizadora, denuncia, é o actual deterioro na calidade do servizo e os prexuízos para usuarios e empregados que denuncian os pais e as nais dos usuarios.
A asociación de pais e nais reiterou hoxe que xa tiña feito todas estas denuncias ante a Consellería de Política Social nunha visita do seu titular ao centro, ademais de facerlle chegar estas mesmas queixas a Inspección autonómica e o Valedor do Pobo, pero lamentan que estas non só non foron atendidas senón que se incumpriron todas as promesas que lles tiñan feito ao respecto» .
JORGE SUÁREZ, en campaña, como no. Que vaya por el mercado de Recimil o por el centro Carvalho Calero y nos hable también de las «pingueiras» que hay en edificios que son de su total y absoluta responsabilidad.