Eliximos non entende a discriminación aos nenos da escola infantil de Xuvia

escuela infantil xuviaEliximos Narón sinala nun comunicado que «non entende a discriminación aos nenos da escola infantil de Xuvia» .

«Dende Eliximos non entendemos que se desaxen fóra da convocatoria deste sábado, á tradicional
Xornada de Convivencia das Escolas Infantís de Narón, aos nenos da escola infantil de Xubia polo simple feito de que a escola estea xestionada polo Consorcio Galego de Igualdade, fronte as de
responsabilidade do Concello que son atendidas por unha empresa privada a través dunha concesión.

Mais difícil de entender será para os nenos e pais que estiveron a mirar como se divirtían os seus veciños, xa que precisamente viven a un paso do lugar da celebración ou incluso en fronte del.

Non vemos que houvera un problema de cabida (en todo caso sería unha cuestión mellorar a de xestión)
nin que o gasto fora maior, mentres que os previsibles beneficios serían para todos os nenos
naroneses.

Entendemos que este erro discriminatorio debe ser corrixido polo tripartito pois, si a Xunta lles acepta
a petición aprobada polo pleno de que o Consorcio xestione todas as escolas infantís municipais de
Narón, vanse a quedar sen nenos para celebrar nada»  remata o comunicado
.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …