Gran participación en Xuvia na Xornada de convivencia das escolas infantís municipais

naron-xornada infantil-11-6Música, xogos e baile centraron este sábado as actividades da Xornada de convivencia das escolas infantís municipais de Narón, na que participaron nenos e nenas dos centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros e tamén os seus familiares e amigos.

Os asistentes a esta convocatoria comezaban a chegar ao paseo marítimo de Xuvia pasadas as doce do mediodía. Alí tivo lugar esta cita festiva na que os menores e os seus familiares, que vestían camisetas persoalizadas de cada unha das tres garderías, gozaron de varios xogos cooperativos antes da hora do xantar, que tivo lugar baixo unha carpa instalada na zona e para o que os asistentes levaron a comida das súas casas. A edil de Ensino, Mercedes Taibo, asistiu á convocatoria, coa que se clausura este curso 2015-2016 e se despide aos menores que acaban a súa etapa nas garderías da localidade para acudir, a partir de setembro, a algún dos colexios do municipio. Preto dunhas seiscentas persoas participan neste evento.

Xa pola tarde chegou o turno de «Uxía Lambona e a Banda Molona», encargada de amenizar musicalmente esta xornada de convivencia desde primeira hora –sobre as 15.30- en Xuvia. Os nenos e nenas bailaron cos seus familiares e amigos ao ritmo da música durante a actuación, que incluíu varios temas populares galegos e remataou pasadas  as 17.30 horas.

A concelleira de Ensino destacou o éxito desta xornada e agradeceu o traballo realizado tanto polo profesorado das garderías como polos pais e nais dos nenos e nenas e tamén das Anpas, destacando a súa implicación tanto na actividade convocada hoxe como noutras que se desenvolven ao longo do curso nas escolas infantís da localidade.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …